ES
TI
QUE
CANTAS

ES TI QUE
CANTAS

é un proxecto asentado nos audiolibros da obra en galego de Rosalía de Castro. É unha ferramenta para multiplicar a súa voz dende a accesibilidade e a implicación directa coas lectoras e lectores, coas e cos ouvintes.

Nesta web atoparás diferentes formas de achegarte á obra de Rosalía de Castro: audiolibros, pílulas audiovisuais, unha unidade didáctica. Todas orientadas a que a túa propia voz atope na súa un camiño de descubrimento. Cando Rosalía escribe, todas e todos soamos na súa voz.

HOXE, ES TI QUE CANTAS.

QUE TEN QUE DICIRNOS ROSALÍA, A NÓS, HOXE?