CONTOS DA MIÑA TERRA

Prosa, 1864

“Contos da miña terra” adéntranos no emprego do galego para a creación literaria en prosa. Conecta cunha faceta de Rosalía menos perceptible nos seus poemarios galegos: o seu talento para a sátira.

O motivo narrativo que recrea afunde as súas raíces na tradición e conecta cunha tendencia presente no conxunto da obra de Rosalía a desafiar a moral sexual imperante. En La hija del mar Rosalía introduce unha escena dunha orxía nunha praia; en El caballero de las botas azules presenta unha musa andróxina que cando é increpada responde que todo canto foi feito é bo; na mesma novela hai aínda un alegato en contra do matrimonio, posto en boca dunha anciá que conclúe que “o matrimonio é cruz e máis vale andar sen cruz ca con ela” e nun artigo de prensa remite a unha suposta tradición de “prostitución hospitalaria” en Galicia que non puido ser documentada e que provocou airadas reaccións na época. “Contos da miña terra” entronca con esta liña da súa produción e resulta, aínda hoxe, un texto que racha con algunhas imaxes tópicas da autora.

Escoita os  outros audiolibros

Cantares
Gallegos

Poesía, 1863

Follas
Novas

Poesía, 1880