#ESTIQUECANTAS
Se tes entre 12 e 18 anos, #ESTIQUECANTAS é un convite para ti. É un concurso en Instagram e Tik Tok para que interpretes a obra en galego de Rosalía de Castro segundo o teu ollar. Crea un vídeo breve (menos de 60 segundos) no que nos amoses o que che inspiran as palabras de Rosalía e compárteo!
BASES DO CONCURSO
Tamén podes descargalas premendo aquí
A iniciativa #ESTIQUECANTAS é unha ramificación do proxecto global ES TI QUE CANTAS (estiquecantas.gal) centrado na creación dos audiolibros da obra en galego de Rosalía de Castro: Cantares gallegos, Contos da miña terra e Follas Novas.
O concurso #ESTIQUECANTAS busca promover a creación de vídeos breves nas RRSS inspirados na obra en galego de Rosalía de Castro. Tal e como ela fixo en Contos da miña terra, onde se reapropiou dunha historia misóxina con centos de anos de antigüidade para transformala nunha crítica ao machismo imperante, este concurso quere que as e os participantes se reapropien dos seus versos para crear obras novas e traelos aos presente.
- Poden participar rapaces e rapazas que teñan entre 12 e 18 anos.
- Pódense presentar tanto traballos individuais como en grupo, feitos dentro ou fóra das aulas.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases. A interpretación das mesmas en caso de conflito ou dúbida corresponde á dirección do proxecto.
- Para calquera dúbida contacta con estiquecantas@rebordelos.com
O prazo para presentar as pezas empeza o día 23 de febreiro de 2022 ás 00:00, efeméride do nacemento de Rosalía de Castro, e remata o día 15 de marzo ás 23:59:59.
- Non hai límite de obras presentadas por persoa ou grupo.
- As obras non poden pasar dos 60 segundos de duración.
- A temática é libre, pero ten que inspirarse nun poema ou nuns versos da obra en galego de Rosalía de Castro.
- A lingua empregada ten que ser o galego.
- O formato de pantalla ten que ser o vertical.
- As creacións non poden consistir nunha fotografía estática sen ningún recurso adicional.
- Poden empregarse, opcionalmente, músicas, sons, textos, gif, filtros, etc.
1. A obra considerarase presentada:
- Ao subila coma reel de Instagram acompañada do cancelo #ESTIQUECANTAS e mencionando a conta oficial da iniciativa @estiquecantas.
- Ao subila a TikTok co cancelo #ESTIQUECANTAS e mencionando a conta do proxecto @estiquecantas.
- Non se considerarán presentadas as obras publicadas noutros formatos de publicación nin noutras redes sociais.
2. Hai que deixar escrito no comentario do reel ou da publicación o título do poema ou dos versos nos que se inspira a creación.
3. As creacións que superen o minuto de duración, que non mencionen a conta da iniciativa @estiquecantas e o cancelo #ESTIQUECANTAS, que estean en castelán, teñan mensaxes ofensivas ou irrespectuosas ou incumpran calquera outro punto destas bases non serán aceptadas.
O xurado estará formado por tres persoas que acordarán as/os gañadoras/es por consenso.
Valorarán:
- Que se utilicen recursos propios da redes sociais que interpreten a obra de Rosalía de Castro con novas linguaxes.
- Que as creacións reflictan temáticas da obra de Rosalía de Castro.
- O enfoque creativo e rupturista.
As gañadoras ou gañadores daranse a coñecer o 21 de marzo de 2022, Día Internacional dos Bosques e da Poesía, dende as contas de @estiquecantas de Tiktok e Instagram.
Este proxecto cre nos valores da colaboración máis ca nos da competición, polo que se adxudi- carán tres premios de igual importe. Os premios consistirán en bonos de 200€ IVE incluído para gastar na web da Librería Abrente:
· Premio LIEDERS: a unha peza inspirada na ollada reivindicativa, feminista e inconformista de Rosalía de Castro.
· Premio FIESTRAS: a unha peza que destaque pola súa proposta formal empregando recursos audiovisuais e/ou das redes sociais.
· Premio CANTARES: a unha peza inspirada no patrimonio paisaxístico e inmaterial de Galicia, nas nosas raíces e na nosa lingua.
PREMIOS