Fiestras son unha serie de pílulas audiovisuais que afondan na relación da obra de Rosalía de Castro coa súa vida. Asómanse, dende o presente, á vida nómade e sen casa propia que levou dende a infancia. Enlazamos versos con espazos, paisaxes e momentos vitais para asomarnos á pegada dos moitos sitios nos que viviu e dende os que escribiu; xa por seguir os destinos laborais do seu marido, Manuel Murguía, xa polos moitos avatares que tiveron como desenlace unha nova mudanza.
Estas pílulas publicaranse dende o 23 de febreiro, efeméride do nacemento da autora, nas RRSS do proxecto ES TI QUE CANTAS e neste mesmo apartado da web.